21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DEMANDOU

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DEMANDOU INFORMACIÓN Ó GOBERNO A PRINCIPIO DO MES DE DECEMBRO SOBRE A SUBA SALARIAL DA POLICIA LOCAL E AINDA NON LLE FOI REMITIDA

OS SOCIALISTAS CREEN QUE O GOBERNO TRATA DE OCULTAR ALGÚN RECURSO CONTRA O ACORDO PLENARIO

 

19/01/2010

 

O pasado 2 de decembro, o grupo municipal solicitou, a través dun escrito, que se lle informara en torno ás accións iniciadas polo novo goberno, en relación ó acordo plenario de data 24 de setembro de 2.009 no que en sesión plenaria a corporación municipal aprobou (con seis votos a favor do PP, dúas abstencións dos concelleiros non adscritos, Javier Cuiña e Ofelia Rey e os votos en contra do grupo mixto e o grupo municipal socialista ) levar a cabo a revisión do complemento específico do corpo da Policía Local, a fin de establecer como complementos específicos o de nocturnidade, festividade e turnicidade; un 10% da retribución bruta anual do posto a desempeñar por nocturnidade, outro 10% da retribución bruta anual do posto a desempeñar por festividade e un 5% da retribución bruta anual do posto a desempeñar por turnicidade, a percibir en 14 pagas. Á vista de que, o ano remataba e non houbera ningunha explicación do novo goberno sobre este tema, o grupo municipal trasladoulle a través de varias preguntas dirixidas á propia Alcaldesa que aclare se tiñan pensado iniciar ou si xa está iniciada a revisión salarial da Policía local, se esta revisión tería caracter retroactivo a data do pleno ou si se incluirá nos orzamentos do 2.010. Pero sobre o que tiña máis interese o Grupo municipal é coñecer si hai presentado no concello algún recurso ó respecto, xa que os sindicatos maioritarios fixeran pública a súa intención de impugnar este acordo ó ser discriminatorio co resto dos traballadores municipais. Dende o grupo municipal incídese en que “creemos que no concello hai recursos contenciosos administrativos contra este acordo plenario que poñen en evidencia, que incluso na oposición, facían mal as cousas e que por iso non as fan públicas” Cabe salientar que esta petición foi feita o día dous de Decembro “e a día de hoxe non temos ningunha resposta”. O goberno continua na súa liña de tentar ocultar información ó grupo socialista e de mentir á opinión pública “se alguén denuncia ó Concello os Cidadáns teñen dereito a sabelo, e se esa información se oculta intencionadamente, entón estásenos mentindo. Outra vez” Os socialistas recordan que a día de hoxe seguen sen ter tampouco información sobre as sentencias que rodean o proceso de Nova Carballeira “e iso que Rey prometeu transparencia cara a oposición no seu discurso da moción”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera