21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS RECLAMAN Ó CONCELLO QUE A

2010

OS SOCIALISTAS RECLAMAN Ó CONCELLO QUE APROVEITE AS OPOSICIÓNS DA FEIRA PARA PROMOVER O TURISMO E A NOSA HOSTALERÍA

PÍDENLLE A REY QUE CONTINUE ENTREGANDO TRÍPTICOS INFORMATIVOS AOS OPOSITORES

 

19/01/2010

 

Os socialistas silledenses reclaman a Rey que, aproveite as oposicións que se van celebrar o próximo 29 e 30 de Xaneiro no recinto feiral e continúe coa idea posta en marcha polo anterior executivo de repartir entre os opositores que acudan a Silleda, trípticos informativos sobre o noso patrimonio o tempo que lles achega información sobre os establecementos de hostalería. Os socialistas lembran que a celebración de probas de oposición no recinto da Semana Verde supón unha excelente oportunidade de negocio para o sector hostaleiro e turístico do Concello, que o goberno non pode desaproveitar como o está facendo” Recórdanlles que o Concello de Silleda obtivo, en setembro de 2.009* unha achega procedente do Patronato Rías Baixas para a edición dunha nova tirada de folletos promocionais do municipio, “e que uns días antes da moción de censura estaban impresos 30.000 exemplares de trípticos para iniciar o seu reparto” Os socialistas lamentan que “seguro que como outras moitas cousas, eses trípticos andarán agochados nos caixóns” e creen que non os entregan simplemente por unha cuestión de imaxe “xa que teñen a S corporativa da que tanto foxen eles para que non quede nin sombra do noso traballo” Os socialistas recórdanlle tamén a Rey que a iniciativa posta en marcha polo anterior executivo de repartir trípticos turísticos coa información da hostalería Silledense no recinto da Semana Verde fora recollido con grande éxito e satisfacción polos milleiros de opositores que acudiron en aquelas datas a Silleda. Ademais esa información segundo verbas de moitos dos opositores animounos a querer vir outros días coa familia a visitar o concello de Silleda “por iso é unha magoa que as cousas que funcionan se esquezan por unha cuestión política” A reedición de estes trípticos xenéricos sobre Silleda Turística baixo o slogan “Capricho da Natureza” tivo un custe de algo máis de 10.000 euros.” Pero total, a este goberno dálle igual tirar con 10.000 euros máis que con 10.000 euros menos” O folleto contén mapas de ubicación das Rías Baixas en Europa, do concello na provincia e un plano do Concello co detalle dos seus recursos turísticos, incluíndo aqueles que faciliten a visita ao municipio. Tamén leva a relación dos establecementos e servizos turísticos máis demandados cos datos de contacto.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera