Home / ESTOXO / 2010 / MANUEL CUIÑA DENUNCIA QUE DENDE O PASAD
MANUEL CUIÑA DENUNCIA QUE DENDE O PASADO FIN DE SEMANA O ALUMEADO PÚBLICO EN BANDEIRA NON FUNCIONA CORRECTAMENTE.
POR SEGUNDA VEZ EN POUCO MÁIS DUN MES A RÚA XERAL E A RÚA RAMÓN VALENZUELA, PRESENTAN DEFICIENCIAS NO SEU ALUMEADO.
20/01/2010
21 de Xaneiro de 2010.- Manuel Cuiña ven de denunciar que por segunda vez, en pouco máis dun mes o alumeado das principias rúas da Bandeira presentan deficiencias. “esperemos que non teña que pasar algo lamentable, outra vez, para que as arranxen” As luces empezan a alumear tan pronto como se pon o sol, pero no modo de aforro enerxético, programado a partir das 12 da noite, de xeito que só se acendan 1 de cada 3 farolas, dificultando a visibilidade tanto para os peóns coma para os conductores. Manuel Cuiña di que é lóxico que se produzan avarías na rede eléctrica, pero dada a importancia das rúas afectadas, esta avaría tiña que ser arrancada o 1º día no que os veciños presentaron as primeiras queixas no Concello. “Para que non tiveran que recorrer , coma sempre, ós concelleiros da oposición, para que alguén lles faga caso” O concelleiro socialista tamén lamenta que dende hai algúns días, varios enseres voluminosos, se atopen depositados a carón dos contedores de lixo, sen que ninguén pase a recollelos. Outra das queixas que Manuel Cuiña recibiu dos veciños de Bandeira, é a falta de seriedade coa que o novo goberno efectúa as obras, xa que unha das primeiras que empezou a acometer despois da moción de censura, foi o arranxo das baixadas para minusválidos das beirarrúas de Bandeira. O grupo socialista aplaude esta obra, xa que é moi necesaria pero denuncia que nun dos seus puntos as baldosas se atopen levantadas, e lamentamos que o actual goberno non remate dita obra. “Sexa como sexa, non se pode deixar esta obra a medias”
|

|
|
|
|
Error: Got error 28 from storage engine
Volver
|