16 de decembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE LAMENTA QUE O GOBERNO TARDE

2010

O PSdG-PSOE LAMENTA QUE O GOBERNO TARDE UNHA SEMANA EN REACCIONAR E OFRECER AXUDA ÓS DAMNIFICADOS POLO VENDAVAL FLORA

21/01/2010

 

 O grupo municipal socialista aplaude que o goberno poña a disposición dos cidadáns un teléfono para recoller todas as demandas relacionadas cos desperfectos ocasionados polo paso do temporal Flora, pero lamenta que para iso tivera que pasar unha semana, “as situacións de urxencia son para actuar con rapidez, non para esperar a ver que fan os outros concellos para facer o mesmo”
A posta en marcha dsta liña telefónica de axuda , tal e como foi explicada polo concelleiro de medio rural, Alejandro Vidueiros, tampouco semella a máis axeitada xa que non deixa claro que van a facer cos datos recollidos. De feito nós recibimos algunha chamada telefónica queixándose de que cando chamaron a dito número solicitando axuda, a única resposta que recibiron por parte do Concello limítase á recollida dos datos do veciño afectado (nome e número de teléfono), para que unha vez que a Consellería saque as axudas poñerse en contacto con eles. É dicir, nin mandan a ningún técnico do Concello a avaliar os danos, nin solucionan o problema, xa que non axilizan ningún trámite para o arranxo dos desperfectos. “Semella un teléfono tipo “quedamos ben e pouco nos custa, cando o que precisan os veciños son respostas serias”.
Ademais os socialistas reclaman a Alejandro Vidueiros que sexa o propio concello o que avalíe e resolva os danos producidos polo Flora nos bens municipais, algo que tampouco fixo, “xa que hai sinais de tráfico deitadas por todo o noso territorio, e contedores tirados nas leiras que aínda non foron recolocados” (Axúntase fotografía)

Os socialistas recordan que o sábado pasado xa presentaron unha proposta para que a Concellería de Medio Rural recollera os danos, “como van a facer agora 5 días despois” pero tamén que se avaliaran e que se establecera un fondo especial para axudar a aqueles silledensees sen recursos económicos, “se teñen que esperar polo concello é mellor que se armen de paciencia”.
.
Os socialistas tamén pediron na moción presentada que o concello solicitara á Deputación de Pontevedra  e á Consellería de Medio Rural que abriran  unha liña de axudas para paliar os efectos provocados polo temporal.”este tema é de tanta importancia para moitos silledenses que esperabamos  realmente ter que deixar a moción sobre a mesa, pero á vista da falta de dilixencia do goberno acabaremos debaténdoa no pleno, porque parece que non teñen intención de facer nada máis”

 

 

 

 

 

Error: Got error 28 from storage engine

Volver