20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / PAULA FERNÁNDEZ PENA AFIRMA QUE OFELIA R

2010

PAULA FERNÁNDEZ PENA AFIRMA QUE OFELIA REY MINTE OS SILLEDENSES INTENCIONADAMENTE.CONTRADICE AS SUAS DECLARACIONS DO DOMINGO Ó VOTAR A FAVOR DA CONTA XERAL 2008 QUE REFLICTE UN RESULTADO ORZAMENTARIO POSITIVO DE 300.000 EUROS E UNHA REBAIXA DE DÉBE

CALIFICAN AS DECLARACIONS DE CORTINA DE FUME PARA OCULTAR QUE LEVAN O PLENO UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE FACTURAS IMPAGADAS POR ELES EN TRES MESES DE 280.000 EUROS

 

25/01/2010

 

26 de Xaneiro de 2010.- Paula Fernández denuncia que “unha vez máis a mentira empeza a ser a única seña de calidade de Rey”, e que as declaracións feitas “semellan estar feitas polo ladrón que denuncia ó policía por devolver ó seu dono o roubado”.

Alerta que as declaracións son malintencionadas e fundamentadas nun informe “deberon encargar un informe a carta a un técnico pero esqueceron contarlle que as débedas pagadas cos recoñecementos extraxudiciais e a operación de tesourería eran de Roucho”.

Lamenta que por segunda vez en tres meses volvan argumentar mala xestión económica no feito de pagar a sentencia firme das obras da Avda. do Parque, correspondentes a unha débeda creada por Juan Salgueiro, incrementada por intereses ata o dobre na época de Roucho, e agora, “resulta que eu son neglixente por pagala”. Paula Fernández di que “é de necios acusarme de malgastar por pagar débedas dos caixóns”

Para Paula Fernández, Ofelia Rey non ten nin idea do que di, xa que hoxe mesmo nas comisión informativas Rey e o seu equipo votaron a favor da conta do ano 2.008, na que se cuantifica, con datos técnicos, a rebaixa da débeda municipal  en 150.000 € é que ten ademáis  resultado presupuestario positivo en máis de 300.000 €. Os socialistas abstivéronse na votación como medida de protesta e para deixar que a  Alcaldesa e o seu grupo “aprobaran solos unha conta que dí que o goberno socialista rebaixou a débeda municipal”. Para os socialistas é de mala xente e mentirosos “decir un día que se aumentou a débeda municipal, e aprobar o día seguinte unha conta xeral que di exactamente o contrario”.

Para Paula Fernández,  “Rey converteuse nunha marioneta que fala por Roucho que tenta lavar a súa imaxe a golpe de mentiras”, por iso a portavoz socialista empraza a Rey a un cara a cara, diante dos veciños e dos medios “sen ningún dos seus escudeiros” para falar da política económica municipal.

Paula Fernández volve aclarar que durante dous anos “a débeda do Concello rebaixouse, cousa que non sucedera nunca” e recorda que “chegabamos a final de ano con todo pagado” sen esquecernos de pagar sentenzas e de facer recoñecementos de débedas “dos anteriores gobernos”, empregando para isto último “calquera instrumento financeiro ó alcance do Concello, como as operacións de tesourería  ou os confirmings

O teito máximo de endebedamento bancario estaba xa esgotado á chegada de Paula Fernández ó goberno, “por iso recorremos a estes instrumentos que repito por décima vez, haber si se entera Rey, non son créditos bancarios, senón que son operacións para solventar situación a curto prazo de falla de liquidez”. O endebedamento polas obras da Avda do parque había que pagalo “si ou si, porque existía unha sentenza en firme e posibilidades de embargo de bens municipais en non había 450.000”, e por iso se recorre a operación de tesorería “que cubriría esa falla de liquidez temporalmente mentres non se solventase o  conflicto coa semana verde”

Por iso , para os socialistas o que ten que facer Rey, é “esquecerse de criticarme e empezar a negociar dunha vez a débeda da Semana Verde, que é coa que ten que abonar estes instrumentos bancarios”. Aínda que parece que a Xunta non lle fai tanto como esperaba, senón non se entende que a estas alturas aínda anden tan nerviosos adicados exclusivamente a “tentar enmerdar e confundir, xa van aló tres meses e nada máis teñen feito”

Sobre as declaracións nas cales dicía que non había contención de gasto, simplemente Paula Fernández di: “remítome ós informes de intervención dos anos 2007 e 2008, nos cales pedíasenos que seguiramos traballando na liña de contención”. Para os socialistas é lamentable “que as contas reflicten que se rebaixou a débeda, que  o interventor diga que se facía política de contención;e que Ofelita diga  xusto o contrario, ela saberá”.

Para Paula Fernández estas declaracións, no fondo, non son máis ca unha cortina de fume para tapar que no pleno do xoves se vaia levar un recoñecemento extraxudicial de crédito de 282.232 euros no que se recollen facturas dos meses de outubro, novembro e decembro do 2009, facturas que non deron pagado e que agora as imputan ó ano 2010”.

“Estragaron en tres meses o traballo de dous anos e medio de control económico, facturas impagadas no ano outra vez, Ë para botarse a chorar”. Di paula fernández, quen ademais advirte que nas comisións informativas de esta mañá a interventora deixou claro que aínda existían “moitas máis facturas sen pagar”. Lamenta ademais que “coñecemos de facturas de traballos encargados por nos que supostamente quedaran no caixón por que non as incluíron neste recoñecemento nin as pagaron”

Paula Fernández denuncia que este recoñecemento de débeda ven acompañado de dun informe de intervención que di literalmente: “as actuacións ás que se pretende dar amparo non foron sometidas a ningún tipo de fiscalización previa (...) ningún dos gastos foi previamente aprobado (...) ademais disto a totalidade das facturas presentadas corresponden a prestacións levadas a cabo no exercicio anterior o que implica a vulneración do principio de anualidade orzamentaria”. Ademais intervención di que “ten a ben subliñar a gravidade deste tipo de actuacións”.

Paula Fernández acusa ó goberno de chegar a esta situación irregular por non querer suplementar o orzamento do ano 2009 cos “450.000 euros que nos dera o goberno de Madrid”, xa que primeiro negaron a súa aprobación dende a oposición “para afogar ó goberno socialista económica e politicamente” e despois non o fixeron “porque o único que querían era non ter que darnos a razón”. Hoxe mesmo nas comisións informativas, ante unha consulta feito pola portavoz socialista a interventora recoñeceu que “de terse a probado o suplemento de crédito esta situación non se daría”

Paula Fernández advirte que este recoñecemento diminuirá as posibilidades orzamentarias nos servicios, no gasto corrente e seguramente no pagamento dos salarios dos traballadores municipais “xa que empezamos o ano cun orzamento 280.000 euros inferior ó do ano 2009”.

Ademais Paula Fernández denuncia que non teñen constancia de pagos feitos nos últimos tres meses “xa que seguen a negarnos a documentación” pero o certo é que entre as facturas que están no listado de recoñecemento destaca que nunha coñecida ferraxería silledense, cuxo nome se relacionou co PP, se fixo un gasto próximo a 12.000 euros, que reaparecen facturas de comidas, ou que lamentablemente non se abona os meses de novembro e decembro de Hidroeléctrica. “empezaremos outra vez cos cortes de luz?”.

Paula Fernández remata facendo unha aclaración a Rey quen aseguraba que os socialistas  non puxeran os medios para detectar as débedas dos caixóns, “agora a ela élle máis fácil, só lle ten que preguntar a Roucho”.

Paula Fernández quere deixar claro que “esta panda de senvergonzas critícanme por pagar o que eles deixaron nos caixóns, e por riba fano con mentiras para ocultar que estragaron o noso traballo”.

Plan E

Sobre as propostas presentadas para o plan E,  e a súa aprobación no pleno do vindeiro Xoves indicar que como ben dicía o grupo municipal socialista“so teñen feitos propostas sen desglose económico por partidas, so con cantidades finais, sen planos, sen normativa, non teñen feitos os proxectos”.

Ademais en varias das propostas, por exemplo , na obra de mellora dos baixos sociais da Bandeira como centro social, a alcaldesa chegou a recoñecer que descoñecía que as inversións íanse facer en emprazamentos nos que o concello non é titular “non sabía que os baixos da Bandeira están en aluguer no IGVS, aluguer impagado dende a época de Roucho por certo” e que é necesario ter un documento do propietario autorizando a execución da inversión “que recoñeceron ter nin solicitado a unha semana de ter que ter todo entregado no ministerio”.

No caso do proxecto de mellora das rotondas da N-525, do acceso a Feira  e a do “chuzo”, parécenos un gasto excesivo e inapropiado “para un concello nesta situación económica “ e mais tendo en conta que  estas rotondas “alomenos nos dous últimos anos e medio”era  o ministerio de Fomento ou carreteiras da xunta as que se encargaran do mantemento das mesmas, “e agora van eles, e para voltar a copiar de novo o alcalde de Lalin, queren gastar 130.000 euros en facer un traballo que lle corresponde a outras administracións”: Cabe recordar que a última actuación de mellora da rotonda da N-525, foi “feita integramente polo ministerio”

No caso da mellora do Teleclub de Escuadro os socialistas recordáronlle a alcaldesa que existe un compromiso del MARM para arranxar ese centro dentro do proxecto para a posta en valor das Férvedas de Escuadro e que deberían antes de presentar esta proposta o Plan E “confirmar co ministerio a dispoñibilidade orzamentaria de ese proxecto”

Sobre o pavillón de Silleda, parécenos unha obra moi necesaria pero que consideramos que está incompleto, xa que  debería incluír a mellora da cuberta para evitar que a madeira a instalar se deteriore “o primeiro día que choiva, tendo en conta que imos a gastar 144.000 € nela” . Lamentamos que non inclúan unha partida para o pavillón da Bandeira “que aínda está en peor estado”

No que si coinciden co goberno e no proxecto presentado para as augas de Parada, que como xa advertira o grupo municipal a través dunha moción eran moi necesarias. Tamén entenden como prioritarias as obras a facer no campo de fútbol de Bandeira “que como xa se anunciara tamén o executivo socialista tiña previsto acometer a cargo dos plans de este ano”. Lamentamos que deixaran  quedar fora “a cambio dunhas rotondas “ obras ten necesarias como as traídas de Saidres, Ponte, Manduas, O castro  ou  Cortegada.

Pero o que máis lle sorprendeu os socialistas é que logo de ter eliminado o proxecto das calefaccións do plan anticrise da deputación o volvan a incluír dentro do plan E “cousa que aplaudimos, lamentando que deixen doce parroquias fora del, sen explicar o porque”. Recordamos que o noso proxecto incluía todas as calefaccións.

Os socialistas, a pesar de que entenden que calquera de estas obras poden ser interesantes para os intereses silledenses votaron en contra de esta proposta en conxunto”pola cantidade de defectos atopados e por que non semella serio que a estas alturas non estean os proxectos feitos e que queira que analicemos os investimentos sen unha valoración analizada polo miúdo” . Os socialistas din que aínda así, poderían votar a favor de moitos de estes proxectos, pero que como a proposta é global “votamos en contra por que non entendemos como se invisten cartos en facer rotondas cando hai aínda cidadáns sen auga potable nas súas casas”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera