16 de decembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA CULPA A REY

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA CULPA A REY DE MANTER PECHADO O AUDITORIO DE BANDEIRA POR IMPAGO

ESIXEN A APERTURA INMEDIATA DO CENTRO ACUSAN Ó GOBERNO DE MENTIR CONSTANTEMENTE E DE TENTAR CON CALUMNIAS CONFUNDIR Á CIDADANIA

 

27/01/2010

 

27 de xaneiro de 2.010.- Os socialistas silledenses denuncian que “coa unica intención de xerar dúbidas sobre a adxudicación de esta obra” o goberno de Rey mantén pechado o Auditorio de Bandeira “intencionadamente”.

O 17 de decembro o goberno,  solicitou a empresa adxudicataria que presentara entre outra documentación unha “exposición e xustificación da paralización das obras, que foron recentemente reanudadas”, dentro dunha “suposta investigación” para esclarece as condicións contractuais da mesma co anterior ejecutivo.

Na súa contestación, a empresa (se adxunta a esta nota de prensa), di que as obras sufriron un retraso pola situación económica financieira que está a sufrir a firma o estar inmersa nun proceso concursal de acreedores, e polo impago da certificación nº 3, que quedara aprobada polo executivo socialista.

Este impago provocou que  os proveedores, a quen esa empresa lles cedera o dereito de cobro directo dende o Concello, se negaran  a facer máis suministros na mesma, e que por elo non pudieron rematar no prazo acordado.

Tamén afirma neste documento que  a redacción do proxecto modificado (aprobado na época socialista) produxo un retraso na ruta crítica da obra, que recordamos se cuantificaran entre a empresa e o anterior goberno  en 15 días, “polo que a obra se se houbera pagado estaría máis que rematada”

Esta certificación nº 3 de importe 231.957,15 €, según se desprende dos decreto que se adxunta nesta nota,  foi abonada polo goberno con data 15 de Decembro, dous meses despois de alcanzar o goberno coa moción de censura “o que significa que o auditorio está  pechado  por que eles non pagaron a empresa”

A empresa adxudicataria solicitou o 16 de decembro, un día despois de ter cobrado, que se ampliara o prazo para poder rematar ás obras “supoñemos que polos mismos motivos” pero lamentablemente  cando o goberno da conta de esta solicitude di que o único motivo do retraso é a tramitación do  proxecto modificado, sen dar ningunha explicación máis sobre os impagos municipales “quizais é, que esperaban con elo, que non nos enteraramos de que foi a súa negligencia nos pagos, a que mantén pechado o auditorio”

Eso si, durante estos meses de goberno “Rey, ou máis ben Roucho,  empregounos en confundir a ciudadanía cuestionando ás adxudicaciones e querendo crear unha falsa sensación de que o auditorio estaba pechado por que algo raro había nas obras”, e lamentablemente non había nada máis que un clarísimo e inxustificado impago a unha empresa que está a pasar unha situación económica complicada.

Pero o engano vai máis aló, xa que o grupo municipal socialista, de acordo cos prazos ofrecidos o anterior executivo pola empresa (15 días),  está seguro que as obras “como se reiniciaron logo de cobralas o 15 de decembro, deberían estar rematadas con data máxima 31 de decembro” e que as manteñen pechadas intencionadamente, para seguir creando tensión social.

Por elo, solicítanlle explicacións públicas a alcaldesa sobre se está emitida a certificación final de obra o que significa que as obras teñen que estar  rematadas na súa totalidade, e de ser así que explique públicamente por que seguen a estar pechadas  “se están certificadas o 100 % teñen que estar acabadas, e polo tanto non entendemos por que continúan pechadas, a non ser, claro que certifiquen obras que non están executadas”

O grupo municipal socialista lamenta que o goberno priorice a utilización  política de esta obra, sobre os cidadáns da Bandeira que lamentablemente seguen a ver ás portas do Auditorio pechadas.

Antecedentes:

As obras do auditorio de Bandeira sufriron varias modificacións durante o seu desenvolvemento que foron recollidas nun proxecto modificado sen variación económica.

O día da inauguración do auditorio xa se fixo público que faltaban por executar conexions a bomba de calor e un grupo electrógeno, pero que elo non impedía o bo uso das instalacións.

Tamén se fixo público que quedara aprobada a certificación nº 3 pendiente de pago que a moción de censura impideu por tempo material  executalo, e pendente de tramitarse a certificación final de obra

Dende o día da inauguración colectivos da Bandeira estaban a utilizar estas dependencias coa autorización da empresa, coa que tiñamos un compromiso de remate de esas instalaciones en un prazo de 15 días, e a conseguinte emisión da certificación de final de obra. Foi a propia Rey a que pechou as portas de este auditorio os colectivos e os cidadáns da Bandeira

O impago das cantidades adebedadas os proveedores a quen a firma lles cedera o dereito de cobro provocou que ese prazo non se pudiera cumprir ata o 16 de decembro. De manterse o compromiso co goberno anterior de finalizar en  15 días, significaría que a obra tiña que estar rematada o 31 de Decembro de 2.009.

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 

Error: Got error 28 from storage engine

Volver