28 de maio de 2020

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 28-01-2010 / ROGOS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PLENO 28-01-2010

ROGOS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

29/01/2010

 

ROGAMOS QUE A SECRETARIA MUNICIPAL  EMITA UN CERTIFICACDO RELACIONANDO TODOS E CADA UN DOS DOCUMENTOS DO PXOM QUE TAL E COMO DIXO A ALCALDESA EN VARIOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DESAPARECERAN DO ARQUIVO MUNICIPAL.

E SE NON EXISTE, QUE PIDA DESCULPAS PÚBLICAS POR TER MENTIDO

 

 

ROGAMOS QUE A ALCALDESA EXPLIQUE PUBLICAMENTE SE SABÍA QUE FORA O CONSELLEIRO DE MEDIOAMBIENTE, INFRAESTRUCTURA E TERRITORIO O QUE SUPRIMIU OS CARTOS CONSIGNADOS POLO BIPARTITO PARA AS SENDAS DE MANDUAS TAL E COMO SE DESPRENDE DO DOCUMENTO DE DATA 15 DE XUÑO DE 2.009 DO QUE, SE QUERE, LLE FACILITAMOS COPIA.

 

 

ROGAMOS Á SR. ALCADESA QUE, XA QUE  VOLVE A USAR O COCHE OFICIAL COMO VEHICULO PARTICULAR QUE ALOMENOS POLA NOITE O META NUN GARAXE XA QUE É UN BEN MUNICIPAL E QUE, COMO TAL DEBE TRATARSE.

 

ROGAMOS QUE CANDO ALGUÉN SOLICITE AS CHAVES DUN CENTRO SOCIAL SE LLE ENTREGEN OU ALOMENOS QUE ACUDA ALGUÉN A ABRIR AS PORTAS DAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

 

 

EN RELACION Á MELLORA DA PO205, ROGAMOS QUE: Á vista de que na súa visita A DITA ESTRADA, o Delegado territorial cuestionou ALGÚN DOS REQUERIMENTOS DOS VECIÑOS  e incluso chegou a dicir que a rotonda proposta no límite do concello de Vila de Cruces non podería facerse ó ser necesaria unha expropiación, ROGAMOS, que o concello faga un estudio sobre a mesma xa que todo indica que dita rotonda se podería facer nos propios terreos de afección da estrada sen necesidade de facer expropiacións
Ademais rogamos que se volva solicitar ó delegado  para que resolvan TODAS E CADA UNHA das peticións dos veciños recollidos no informe consensuado con eles e remitido o pasado 5 de Outubro de 2.009, no que se solicitaban varias modificacións na sinalización horizontal da PO-205.

 

EN RELACION Á PONTE DO DEMO E Á PONTE DA PEDRA

ROGÁMOSLLE QUE  continúe coa reclamación remitida á  Consellería de Cultura no mes de  setembro de 2009 polo anterior equipo de goberno na que se solicitaba, en concreto  á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a intervención de carácter urxente sobre a Ponte da Pedra, na parroquia de Chapa, e sobre a Ponte do Demo, na contorna do Mosteiro de Carboeiro.

 

ROGAMOS QUE O CONCELLO SE POÑA EN CONTACTO CO VECIÑO DO CONCELLO DE LALIN PARA SOLICITAR CONXUNTAMENTE A PATRIMONIO O ARRANXO DE XEITO INMEDIATO DA PONTE MEDIEVAL DE TABOADA PARA EVITAR QUE O DESMORONAMENTO SUFRIDO ESTOS DIAS  CHEGUE A AFECTAR Á PROPIA PONTE

 

 

ROGAMOS QUE SE  QUE APROVEITE AS OPOSICIÓNS DA FEIRA PARA PROMOVER O TURISMO E A NOSA HOSTELERIA E QUE SE ENTREGUEN  OS TRÍPTICOS INFORMÄTICOS FEITOS COA SUBVENCIÓN DE RIAS BAIXAS  NOS QUE APARECE UNHA RELACION DOS ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS AOS OPOSITORES

 

SABENDO QUE OS VECIÑOS DE BANDEIRA  ESTAN A RECOLLER FIRMAS PARA SOLICITAR Á CONSELLERIA DE SANIDADE QUE A DOUTORA QUE ESTA A FACER O SERVIZO EN DITA LOCALIDADE OS MARTES E OS XOVES O PRESTE TODOLOS DIAS DA SEMANA. ROGAMOS QUE FAGA AS XESTIÓNS PERTINENTES COA CONSELLERIA PARA QUE DOTEN Ó CENTRO DA BANDEIRA CUN MEDICO MAIS PERMANENTE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera