26 de outubro de 2020

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 28-01-2010 / PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PLENO 28-01-2010

PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Ó GOBERNO

29/01/2010

 

 

1.- Á VISTA DE QUE TAL E COMO DENUNCIOU O PSDG PSOE EXISTE UN RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO CONTRA O ACORDO PLENARIO NO QUE COS VOTOS A FAVOR DOS CONCELLERIOS QUE PERTENCIAN Ó PP E A ABSTENCION DOS QUE ENTONCES ERAN CONCELLEIROS NON ADCRITOS, SOLICITÁBASE Ó EXECUTIVO QUE SE INCREMENTASE  O SALARIO DA POLICIA LOCAL
QUEREMOS SABER QUE VAI FACER ANTE ESTE RECURSO.

 

 

 

 

2.-UNHA DAS PRIMEIRAS PROMESAS QUE FIXO A SR REY DENDE A SUA CHEGADA Ó GOBERNO FOI COMPROMETERSE COS PAIS A ABRIR, DESPOIS DO NADAL, UN SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA NA BANDEIRA IGUAL QUE O EXISTENTE EN SILLEDA, CASCARON, PARA ATENDER NO CEIP DE BANDEIRA ÓS RAPACES QUE ASISTAN A ESE COLEXIO FORA DO HORARIO LECTIVO.
QUEREMOS SABER QUE RAZÓNS EXISTEN PARA NON POÑER EN MARCHA O PROGRAMA CASCARON NA BANDEIRA

 

 

3.-EN REFERENCIA Ó AUDITORIO DE BANDEIRA, QUEREMOS SABER:
SE AS OBRAS A DIA 28 DE XANEIRO ESTAN EFECTIVAMENTE FINALIZADAS
SE  A EMPRESA EMITEU A CERTIFICACION FINAL DE OBRA E CON QUE DATA

 

 

4.-O OUTRO DIA LIAMOS NA PRENSA, NON SEN CERTO ESTUPOR LOGO DE DOUS ANOS E MEDIO DE CUMPLIMENTO POR PARTE DO ADIF, QUE VARIAS DAS PISTAS DE ABADES ESTABAN INTRANSITABLES POLAS OBRAS DA ALTA VELOCIDADE.
ACUDIMOS A VELAS E PODEMOS INFORMALOS DE QUE:

 

SOBRE  A PISTA DE ACCESO A BAZAR, QUE ESTA EN MAL ESTADO, EXISTE UN COMPROMISO DO ADIF QUE NO REMATE DAS OBRAS A IBAN A ASFALTAR. OS VECIÑOS AGORA NOS DIN QUE  SOMENTES OFRECEN BACHEALO SEN DAR MAIS EXPLICACIÓNS

 

SOBRE A PISTA DE COVAS, INFORMARLLES DE QUE EXISTE UN DOCUMENTO ASINADO POLO XERENTE DA UTE DOCARBO, CONFORME Ó CAL SE COMPROMETIA A ARRANXALA LOGO DE QUE MANUEL CUIÑA PARALIZARA OS CAMIÓNS QUE ESTABAN A CIRCULAR POR ELA SEN AUTORIZACIÓN.  CANDO SE PRODUXO A PARALIZACIÓN  Á EMPRESA COMUNICOU O CONCELLO  QUE FARIA UN BACHEADO PROVISIONAL  PARA LOGO Ó FINAL DAS OBRAS ASFALTALAS XUNTO CON TODAS AS DEMAIS, POLO TANTO DEBERIAN VOSTEDES EXIXIRLLES A SUA INMEDIATA REPARACIÓN TOTAL.

 

OUTRO TRAMO EN REBOREDA E DIANTE DO TELECLUB TAMEN NECESITAN SER ARRANXADAS

 

ADEMAIS, QUEREMOS QUE SEXAN RESPOSTADAS AS SEGUINTES PREGUNTAS:

 

QUEREMOS SABER QUE XESTIÓNS FIXO O GOBERNO ANTE O ADIF DENDE O  PASADO 19 DE OUTUBRO ADEMAIS DE ASFALTARLLE AS PISTAS QUE LLE CORRESPONDIAN

 

QUEREMOS SABER SE  O GOBERNO ANTE A DENUNCIA DOS VECIÑOS XA  ADOPTOU MEDIDAS PARA O ARRANXO INMEDIATO DESAS VIAS POR PARTE DAS EMPRESAS ADXUDICATARIAS DO TRAMO DO TREN DE ALTA VELOCIDADE.

 

 

5.-Á VISTA DO ACONTECIDO NA COMISIÓN INFORMATIVA DO LUNS PASADO NA QUE ANTE AS PREGUNTAS DA PORTAVOZ SOCIALISTA A INTERVENTORA DIXO QUE AÍNDA QUEDABAN MOITAS FACTURAS DO ANO 2.009 SEN ABONAR, QUEREMOS QUE NOS DIGA CALES SON E POR QUE IMPORTE, E QUE SOLUCION DE PAGAMENTO SE LLES VAI DAR.

 

 

6.-DURANTE O ANO 2009 O GOBERNO SOCIALISTA PUXO EN MARCHA UN CAMPO DE PETANCA NA BANDEIRA NUN SOLAR CEDIDO POR UN PARTICULAR, ALGO QUE FOI DURAMENTE CRITICADO POLOS EX EDIS DO PP. LOGO DA SÚA INSTALACIÓN OS MEMBROS DO  CLUBE SOLICITÁRONNOS EN REPETIDAS OCASIÓNS QUE INSTALARAMOS UNHA CARPA. LAMENTABLEMENTE NON HABIA PARTIDA ORZAMENTARIA PARA ESE GASTO  E POLO TANTO NON ERA POSIBLE A SÚA INSTALACIÓN ALOMENOS NO ANO 2.009.
SORPRENDENTEME POUCOS DIAS DESPOIS DA MOCION DE CENSURA, FAISE ESA INSTALACIÓN,
QUEREMOS SABER DE QUE PARTIDA PRESUPUESTARIA SALIRON ESES CARTOS, E POR QUE NON APARECEN ABONADOS NIN NOS DECRETOS NIN NO LISTADO  DE FACTURAS IMPAGADAS, CANDO NOS CONSTA QUE SI FOI EFECTIVAMENTE ABONADO.

 

 

7.-QUEREMOS SABER CANTOS CARTOS LLE FORON ENTREGADOS COMO SUBVENCION MUNICIPAL  Á ESCUDERIA QUE ORGANIZOU A SUBIDA A SILLEDA.

 

 

8.-FAI POUCOS DIAS REMATABA O OBRADOIRO DE EMPREGO, DEIXANDO TRAS DE SI UNHA ZONA RECREATIVA E UN MUIÑO RESTAURADO. LAMENTABLEMENTE NON SABEMOS PORQUE,  SE DEIXOU SEN CONSTRUIR UNHA PONTE QUE UNIRA SOBRE O RIO A ZONA RECREATIVA E O MUIÑO.
QUEREMOS LOGO QUE SE EXPLIQUE POR QUE NON SE EXECUTOU DITA PONTE.
SE FOI UNHA CUESTION ECONOMICA DIGAN EN CANTOS CARTOS ESTABA VALORADO

 

9.-FAI UNS DIAS A TRAVES DUN ESCRITO, Á VISTA DE QUE O GRUMIR DEIXOU DE PRESTAR OS SEUS SEVIZOS Ó CONCELLO E QUE TODOS OS INTEGRANTES DO MESMO REMATARON A SÚA RELACIÓN CONTRACTUAL CON ESA ADMINISTRACIÓN, E , QUE SORPRENDENTEMENTE  TRES DOS MEMBROS DESTE CORPO SEGUEN A DESENVOLVER LABORES DE CONTROL, ENTRE OUTROS, NO PUNTO LIMPO SILLEDENSE, PEDIAMOSLLE QUE  NOS DEIXARAN ACCEDER ÓS CONTRATOS DESTAS TRES PERSOAS.

 

COMO É COSTUME, NON NOS FACILITARON A INFORMACION SOLICITADA,  NON TIVEMOS ACCESO POR ISO HOXE PREGUNTÁMOSLLE:

 

SABE VOSTEDE QUE HAI TRES EX-GRUMIRES TRABALLANDO NO PUNTO LIMPO?

EXISTE RELACION CONTRACTUAL DO CONCELLO CON ESTAS TRES PERSOAS?

 

 

10.-TAMÉN FAI UNS DIAS PEDIAMOSLLE Á SRA ALCALDESA O ACCESO Ó CONTRATO DUNHA MULLER DE ESCUADRO QUE ESTÁ A TRABALLAR OS SABADOS E OS DOMINGOS NO CENTRO SOCIAL DOS MAIORES EN SILLEDA. Á VISTA DE QUE TAMPOUCO NOS CONTESTOU QUEREMOS SABER

SABE VOSTEDE QUE HAI UNHA MULLER  DE ESCUADRO  TRABALLANDO OS SABADOS E OS DOMINGOS NO CENTRO SOCIAL DOS MAIORES?

EXISTE RELACION CONTRATUAL DO CONCELLO CON ESTA MULLER?

 

 

11.-NUNHA ACTA DE XUNTA DE GOBERNO LOCAL DAN CONTA DA  SUSPENSIÓN DO CONTRATO DA ANTERIOR ASESORA XURIDICA DO CONCELLO, COA QUE O CONCELLO TIÑA ASINADO UN CONTRATO DE IGUALA, É DICIR POR UNHA CANTIDADE FIXA TRABALLABA EN TODOS OS PROCESOS XURÍDICOS ABERTOS NESTA ADMINISTRACIÓN E Ó MESMO TEMPO ASESORABA XURIDICAMENTE., O QUE SUPUXO UNHA IMPORTANTE REDUCICIOIN DOS GASTOS A LETRADOS.

 

12.-SABEMOS QUE A DIA DE HOXE , E INCLUSO DENDE ANTES DE SUSPENDER O CONTRATO ANTERIOR, ESTA TRABALLANDO NO CONCELLO O GABINETE DE AVOGADOS DE LA TORRE, UN DE CUIOS SOCIOS É ADEMAIS CUÑADO DE ROUCHO.

QUEREMOS SABER SE EXISTE ALGUNHA RELACIÓN CONTRACTUAL CON ESE GABINETE,  

DÍGANOS SI SE CONTRATOU EN MODALIDADE DE IGUALA, OU VAN COBRAR POR CADA TEMA QUE XESTIONEN

 

 

13.-QUEREMOS SABER SE A SECRETARIA PARTICULAR DA ALCALDESA, TEN UN CONTRATO DE PERSOAL DE CONFIANZA, OU SE TEN UN CONTRATO TEMPORAL.

SE NON É UN CONTRATO DE PERSOAL DE CONFIANZA, QUE PROCEDEMENTO SE UTILIZOU PARA FORMALIZAR DITA CONTRATACIÓN?.

 

 

14.-QUEREMOS SABER PORQUE OS VECIÑOS DE AGRO DO BALO AINDA NON PERCIBIRON OS CARTOS DAS PARTIDAS DE OBRAS EXECUTADAS POLO CONCELLO TAL E COMO SE COMPROMETERA CO EXECUTIVO SOCILISTA A EMPRESA ADXUDICATARIA E A DIRECCION DE OBRA.

 

 

16.-NUN DECRETO DE PAGO A UNHA EMPRESA LIMPEZAS NERPI, QUE CREO QUE É DA SUA CUÑADA, DETECTAMOS UN INCREMENTO DE MAIS DO TRIPLE DOS PAGOS HABITUAIS, XA QEU ESTA EMPRESA ESTABA CONTRATADA PARA FACER SO A LIMPEZA DA CASA DA CULTURA.

QUEREMOS SABER A QUE SE DEBE ESE INCREMENTO?

 

17.- HOXE POLA TARDE CHEGOUNOS O RUMOR, QUE ESPEREMOS NON SEXA CERTO DE QUE É POSIBLE QUE O PAC MEDICO DE SILLEDA DESAPAREZA.

QUEREMOS SABER SE O GOBERNO TEN CONSTANCIA DESTO E DE SER CERTO QUE MEDIDAS SE VAN ADOPTAR PARA EVITAR O PECHE DUN SERVIZO TAN NECESARIO NO NOSO CONCELLO

 

 

18.- SOBRE SERVICIOS SOCIAIS

 

1.- ¿CANTOS DEPENDENTES VALORADOS HAI A DÍA DE HOXE?

 

2.-  MOITOS DOS DEPENDENTES LEVAN MESES VALORADOS. NÓS NON  PUIDEMOS PRESTARLLE O SERVIZO PORQUE SE NOS VOTOU EN CONTRA EN DOUS PLENOS, DO REGULAMENTO E DA ORDENANZA DE AXUDA NO FOGAR, PERO DADO QUE NO MES DE NOVEMBRO, NO ÚLTIMO PLENO SI SE APROBARON
¿POR QUÉ AÍNDA NON SE LLE ESTÁ PRESTANDO O SERVIZO A ESES DEPENDENTES QUE TANTO O NECESITAN?

 

3.- DADO QUE EN DECEMBRO REMATOU O CONTRATO UNHA DAS TRABALLADORAS SOCIAIS  QUE ERA A QUE LEVABA A DEPENDENCIA E NON SE LLE RENOVOU, PREGUNTARLLE 
¿QUEN SE VAI ENCARGAR AGORA DE XESTIONAR TODO O PAPELEO RELACIONADO COA DEPENDENCIA?

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera