21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RECLAMA Ó C

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RECLAMA Ó CONCELLO QUE CONTINUE CO PROCESO ABERTO PARA COBRAR AS CANTIDADES PROCEDENTES DO ICIO DO PARQUE EOLICO DO SAN SEBASTIAN

Solicita tamén información sobre se os parques eólicos instalados no concello tributan xa como BICES tal e como reclamou o goberno socialista.

 

08/02/2010

 

O grupo municipal socialista reclama o novo executivo que continúe coa liña aberta de reclamación á promotora do parque eólico do Couto de San Sebantian  da liquidación provisional das obras executadas

Recordan que no mes de Febreiro de 2.009 o Concello Silledense demandara  a empresa Fomensa Hispania S.L para que abonaran  281.992,66 euros, resultado da liquidación do adebedado en concepto de tributos correspondentes á construción do parque eólico que esta empresa situou en Couto de San Sebastián, As Candas, Cruz de Portela, Couto das Quintas, Penas Santas e Campo Grande.

Esta cantidade provén da diferencia entre o que a empresa abonou en concepto de autoliquidación en 2004 e o importe real que tiña que ter abonado polo Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). “Esperamos que o concello continue con esta reclamación, pero a día de hoxe descoñecemos se teñen feita xa algunha xestión o respecto”.

Os socialistas recordan que a empresa Fomensa Hispania S.L. presentara un recurso contencioso administrativo contra esta reclamación económica e que “por datas, debería ter sido contestado dende o Concello, pero nada se sabe, coma sempre”.  Os socialistas esperan que logo de esta petición  feita polo grupo municipal socialista  resposten a este recurso no xulgado e “tenten cobrar alomenos esta cantidade mentras non se vexan avances coa débeda da Semana Verde”

A falla de información sobre este proceso xudicial,”un dos poucos abertos que  pode dar cartos a Silleda”, xenera certas dúbidas entre os socialistas  xa que “como este expediente data da etapa de Roucho, e non se  fixera ninguna reclamación para cobrar o que por lei lle correpondía ó concello, temos medo de que o paralice, e esos cartos son moi necesarios para a economía silledense”.

No concello existe un informe técnico e outro da policía local no que se demostra que mentras o proceso está no xulgado os muiños seguen a render beneficios para a empresa, “mentras que  o Concello segue sen poder ingresar os cartos  que lle corresponde por xustiza” por iso pídese a Rey que actúe con celeridade e seriedade neste proceso “ e que non permita que un novo acordo coa empresa con parte dos membros do seu goberno poña en perigo este ingreso tan necesario para as arcas municipais”.

Os socialistas sinalan que as súas dúbidas veñen refrendadas no feito de que  o expediente  remóntase a outubro de 2004, estando Fernandez Vieitez no Concello, e a empresa chegara un acordo con él,  de pagar 19.328,14 € de licencia, cantidade correspondente exclusivamente a obra civil do parque, sen cuantificar o importe correspondente os muíños de vento “que é o máis caro do parque”, e a poñer en valor o centro  social de Moalde. A cambio o  Concello optaba por non requerir xudicialmente o pagamento da licencia completa, algo que aportaría moitos máis cartos e beneficio o Concello “O goberno de Roucho nunca  lle reclamou o pago de licencia completa como fixeron outros Concello como Rodeiro, que por certo, gañou e cobrou e por iso agora temos que asegurarnos de que retomen este proceso que pode supor o ingreso de 281.992,66 euros”

Antecedentes:

Foi no ano 2.004 cando Fomesa Hispania obtivo a correspondente licencia para a instalación do citado parque eólico, e daquela a empresa consignou un importe en concepto de execución de material de 859.093,36 euros polo que lle correspondía abonar ao Concello unha cuota tributaria de 19.328,14 euros que Fomensa fixo efectiva, ademáis de arranxar o centro social de Moalde como contraprestación por non ter recurrido os tribunais.

No ano 2006, o presuposto de execución de material presentado ao Concello variou ostensiblemente, pasando dos máis de 800.000 euros iniciais a 13.400.754,22 euros, e nunca se lle reclamou o pago por esa diferencia

O goberno socialista detecta a situación de impago cando a empresa solicita a licencia de actividade  a finais do ano 2.008 polo que se decideu  emitir unha nova proposta de liquidación provisional por un importe de 301.320,80 euros que se puxo en coñecemento da empresa a data de 21 de xaneiro de 2009 que o descontar o xa abonado da como resultado a cantidade reclamada

A empresa presentou un recurso contencioso administrativo contra esta petición que esperamos teña contestación dende o Concello

Valoración catastral como BICES

O grupo municipal socialista tamén require o concello para que informe si a petición do anterior goberno, para incluir os  parques eólicos, o de Masgalán- Campo de Coco, con 75 aeroxeneradores situados en terreos do Concello de Silleda, e o situado en Couto de S. Sebastián, con 9 aeroxeneradores en funcionamento, como BICES no catastro é efectiva dende o 1 de Xaneiro tal e como se solicitara a Xerencia territroial no pasado mes de Marzo.

Tamén piden que se informe  de cantos cartos vai a supor eso para as arcas municipais   
“evidentemente será unha cifra non despreciable xa que, de aceptarse a nosa solicitude, ambos parques eólicos pasarán a ser valorados en función dunha serie de parámetros que van permitir establecer de xeito máis xusto o seu auténtico valor catastral”.

A vista de todo esto, o grupo municipal, recordalle o goberno que é fundamental para o concello que se busquen alternativas de financiamento “e que no deben desaproveitar ningunha oportunidade”


Antecedentes

No pliego de alegacións presentado en marzo de 2.009 ao Catastro de Pontevedra polo Concello de Silleda incluíanse tres elementos para establecer unha mellor valoración dos cálculos do Catastro para estes bens inmobles. Solicítabase  un incremento na valoración do solo no que se sitúan os parques eólicos, que non debería ser menor ao establecido polo Catastro antes da instalación dos parques. Ademais, dado que os parques eólicos afectan a varios municipios, o goberno socilista solicitara un reparto da afectación territorial en función da potencia total instalada en cada un dos municipios que comparten o parque, isto é, en función do número de aeroxeneradores instalados e non un reparto xenérico que non resposta á realidade da afectación do terreo.

Finalmente, o Concello tamén solicitou ao Catastro que á hora de determinar o valor castastral destes BICES se teña en conta a súa antigüidade, establecendo un escalado do tipo aplicable en función da antigüidade dos parques: ata 9 anos, aplicaríase un 1,00; ata 10 anos un 0,90 e de 15 anos en adiante, un 0,80.

A data fixada para empezar a tibutar como BICES era o 1 de xaneiro de 2.010


 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera