9 de febreiro de 2.010.- O grupo municipal socialista di “non entender por que o goberno ten paralizado a posta en marcha do servizo de recollida de aceites usados” logo de que xa a finais de agosto do ano pasado se asinara un convenio cunha empresa adscrita á Asociación Española de Empresas de Recogida, Tratamiento de Aceites y Grasas (AERTA) que se ía ocupar da implantación do sistema de recollida no Concello de Silleda.
Recordan ademáis que este convenio chegara despois de que, por acordo plenario se aprobara a adhesión do Concello de Silleda ao convenio de colaboración, proposto pola Deputación de Pontevedra e AERTA para a recollida e reciclaxe deste tipo de residuos “Os acordos plenarios están para ser cumplidos goberne quen goberne, e sobre todo cando é algo tan positivo para o noso medioambiente”, din os socialistas
Esta iniciativa que, tal e como estaba deseñada, non tiña coste algún para os veciños, suporía a instalación duns contenedores especiais para aceites usados domésticos para o seu posterior tratamento e transformación en biocombustible. Segundo AERTA, aproximadamente por cada litro de aceite tratado, obténse un litro de biodiesel. Estas graxas, ademais, ofrecen multitude de aplicacións no eido industrial como a fabricación de compostaxe, lubricantes, vernices ou produtos de cosmética.
Esta recollida é fundamental xa que con ela, elimínanse os aceites usados domésticos das augas residuais urbanas, eliminando o prexuízo que lle causa á rede de sumidoiros e ás propias plantas de EDAR, “ademáis do beneficio medioambiental que conseguimos sobre os nosos acuiferos e a nosa contorna por iso e inentendible que se esquezan dunha iniciativa de este tipo”
Os socialistas recordan, que a empresa comprometerase a traer os contenedores unha semana despois da moción de censura e que o Concello tiña xa mercados os embudos de material plástico, adaptable a calquera tipo de botella de plástico estándar (PET) de ata 8 litros para repartir de xeito gratuito entre os cidadáns, para que encheran con comodidade as botellas, “por iso non se entende por que a estas alturas non se está ofrecendo os cidadáns este servizo”