21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O XULGADO ADMITE A TRÁMITE O RECURSO PRE

2010

O XULGADO ADMITE A TRÁMITE O RECURSO PRESENTADO POLO PSOE SILLEDENSE CONTRA O ACORDO PLENARIO DE CONSTITUCIÓN DO ACTUAL GOBERNO

PIDEUSE A IMPUGNACIÓN DOS PUNTOS NOS QUE SE DEBATIAN CUESTIONS ECONOMICAS COMO O SALARIO DE JAVIER PRESAS OU O AUMENTO DE GASTOS DERIVADOS DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS

 

12/02/2010

 

O Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra ven de  comunicar a admisión a trámite do recurso presentado polo PSdG-PSOE Silledense  contra o Concello de Silleda no que se pedía a impugnación de dous dos puntos debatidos no pleno de constitución do novo goberno. O xulgado ademais requiriu á entidade local para que, no prazo de 20 días remita o Xulgado o expediente administrativo da sesión plenaria para continuar a tramitación do proceso.
O recurso contencioso administrativo, admitido a tramite, ven  a solicitar a impugnación do acordo plenario no que se  otorgou a dedicación exclusiva do Tenente de Alcaldesa,  Javier Presas. Nese recurso facíase constar que un concelleiro tránsfuga no pode ter mais dereitos económicos que os que tiña no seu grupo de procedencia, e dicir “non pode cobrar máis do que cobraba cando estaba na oposición co PP”.
Ademais se recurreu o acordo no que  se definían  novas comisiones informativas, xa que o pasar das catro iniciais ás sete actuais tódolos concelleiros non adscritos tiñan melloras económicas, o que tamén, a criterio dos socialistas, incumpre a lei.
O grupo municipal socialista sempre mantivo que era irregular asignarlle un salario a Javier Presas e incrementar o numero de comisión informativas, “e que ademais o viamos como un pago por asinar a moción de censura”, por iso esta decisión de admitir a trámite este recurso é saudado con alegría aínda que con moita cautela polos socialistas “xa que aínda falla moito para que remate o proceso”.

Que  o xulgado admitira a tramite este recurso é un primeiro paso para poder clarificar esta situación que os socialistas denunciaron publicamente en varias ocasións. A resolución final da mesma pode prolongarse varios meses, pero dende o grupo municipal socialista confíase no resultado “por  que  non se pode pagar con carto público a quen non lle corresponde”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera