.- Os socialistas, recibiron varias queixas dos veciños de Cira en relación á recollida selectiva no rural e por elo, unha vez comprobadas as reclamacións, solicítanlle ao Concello que cumpra coa recollida de lixo no rural, incluída a selectiva e que manteña en bo estado os contedores.
Unha das queixas dos veciños é que un dos contedores de vidro da parroquia leva alomenos un mes tirado e roto e os refugallos, que seguen a depositar os cidadáns, están acumulándose ó aire libre sen que o Concello se preocupe por esta lamentable situación.
O curioso é que os cidadáns, tal e como se pode comprobar na fotografía, fixeron a súa selección nas vivendas e incluso depositaron ordenadamente o vidro, así que, “mentres os cidadáns colaboran dun xeito responsable, o concello , non fai o seu traballo”
O PSdG-PSOE lamenta que estas situacións sexan habituais xa que non é a primeira vez que reciben queixas deste tipo por parte dos veciños, e instan ó goberno a que poñan solución a estas deficiencias.
Por outra parte solicítanlle ó concello que se limpen os contedores de tódalas rúas de Silleda e Bandeira , xa que lamentablemente, a pesar do anuncio municipal de que se fixera unha limpeza completa dos mesmos para as festas do carnaval, a moitos dos contedores das vilas nin se lles tocou “semella que segundo a rúa na que vivas tes dereito ou non a se limpen os contedores”