21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE DE SILLEDA RECLAMA A REY A P

2010

O PSdG-PSOE DE SILLEDA RECLAMA A REY A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS.

12/03/2010

 

10 de marzo de 2010.- Luís Rodriguez, Secretario de Medioambiente do PSdG-PSOE de Silleda esíxelle ó executivo local a posta en marcha do servizo de recollida de plásticos agrícolas como se viña facendo nos dous últimos anos, “porta a porta e de xeito gratuíto”
O Secretario de Medioambiente di que se puxo en contacto con varios gandeiros logo de ter detectado acumulacións deste material nas parroquias de Breixa, Saídres, Escuadro e Fiestras, e todos eles lle transmitiron que tiñan os plásticos acumulados “agardando por unha recollida á que xa estaban acostumados  e que agora non chega”.
O responsable socialista de Medioambiente asegura que a acumulación destes plásticos “provoca problemas mediambientais e de salubridade innecesarios” e que “xa hai gran cantidade de plásticos acumulados e segue en aumento, polo que é urxente iniciar a recollida”
Luís Rodriguez recorda que foi unha iniciativa do anterior goberno, a posta en marcha do servizo de recollida porta a porta dos plásticos de silo obténdose moi bos resultados xa que se logrou evitar o 100% dos vertidos incontrolados deste material, ademais de ofrecerlle ós cidadáns un servizo gratuíto que facilita a súa labor.

Este servizo de recollida facíase dúas veces ó ano  e trasladábanse ó punto limpo e de alí a un centro de revalorización e tratamento.
Luís Rodriguez asegura que algúns dos gandeiros lle dixo que facía máis dun mes que a Concelleira de Cultura, Eva Lojo, lles prometeu que pasarían a recollelos de inmediato “algo que non aconteceu”

Para Luís Rodriguez, que a Concelleira de Cultura asuma como propias funcións que lle competen ó Concelleiro de Medio Rural, Alex Vidueiros, “di moito do organizados que están”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera