19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE DENUNCIA QUE O ACORDO O QUE

2010

O PSdG-PSOE DENUNCIA QUE O ACORDO O QUE CHEGOU Á MESA POLA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO É IRRESPONSABLE E ILÓXICO

DOLORES GARCIA, SECRETARIA DE IGUALDADE E SERVICIOS SOCIAIS DO PSDG PSOE LAMENTA QUE SE OBVIEN CASOS DE VIOLENCIA PSICOLÓXICA

 

12/03/2010

 

11 de Marzo de 2010.-O Partido Socialista de Silleda, a través da súa secretaria de Igualdade e Servicios Sociais, Dolores Garcia,  lamenta que  na Mesa Local para a Erradicación da Violencia de Xénero celebrada o 10 de marzo se propuxera analizar somentes dous protocolos  de actuación nos casos de Violencia contra as mulleres. Dolores Garcia, di que establecer somentes un protocolo de carácter de urxencia para casos críticos donde a víctima chegue incluso con feridas visibles e outro  non de tanta urgencia porque non supón perigo para a integridade da víctima e ésta teña recursos para solventar a situación “e irresponsable e iloxico, xa que semella que ten que darse unha clara violencia física para que se actúa de xeito urxente”

Dolores García está realmente sorprendida e pregúntase:  “¿Cales son eses casos que non supoñen perigro para a  integridade da víctima? Porque eu creo que non fai falla ter feridas visibles para actuar de urxencia, o maltrato pode ser psicológico ou económico, e ser de urgencia” . Para Dolores García  non se pode esperar a que unha muller chame o concello “porque ten feridas, senón que hai que establecer protocolos de actuación para evitar que a firan” .

Dende a Secretaria de Igualdade Socilista lamentan que o governo careza da máis minima sensibilidade neste ámbito e pidelle responsabilidade xa que “todos os maltratos supoñen un perigo para a integridade da víctima, ben sean físicos, psicológicos ou incluso económicos

A responsable socialista fai un chamamento os integrantes da Mesa  de Erradicación da Violencia de Xénero, para que fagan as súas propuestas “e éstas sexan, de verdade, maís acertadas” xa que do governo non espera gran cousa “que podemos esperar de dúas mulleres como a Alcaldesa e a Concelleira de Servicios sociais, integrantes de palla de esta mesa, que votaron en contra da urgencia da moción contra a violencia de xénero”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera