19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O SECRETARIO DE DEPORTES DO PSdG-PSOE DE

2010

O SECRETARIO DE DEPORTES DO PSdG-PSOE DENUNCIA O CESE DO CONVENIO PARA A PISCINA DO KATIUSCA.

JAVIER ESTÉVEZ TAMÉN CRITICA O MANTEMENTO REALIZADO Ó CAMPO DE OUTEIRIÑO

 

12/03/2010

 

12 de marzo de 2010.- Javier Estévez, Secretario de Deportes do PSdG-PSOE de Silleda denuncia que varios veciños se puxeron en contacto con el para transmitirlle que non poderán seguir coas clases de ximnasia na auga (aquagym) que se estaban a impartir no Hotel Oca Katiusca, sen que ningún responsable de deportes do Concello lles dera a máis mínima explicación.

Estévez, di que, ademais, informouse con algúns dos pais dos nenos que acudían ás clases de natación e están na mesma situación. Os usuarios maioritarios dos programas municipales de natación, eran os mais pequenos que acudían a clases para aprender a nadar, entre eles todos os inscritos no programa “cascarón”e os maiores que acudían a clases de aquagym

Os usuarios argumentaron que a única explicación que recibiron foi da propia entidade hoteleira e da empresa concesionaria do servizo de deportes municipal, que lles comunicaron que por cuestións de reorganización interna do hotel non poderían seguir ofrecendo o servizo e que somentes poderá utilizarse o vaso de 9:00 a 10:00 da mañá ou de 21:00 a 22:00 horas polas noites “un horario pouco axeitado para os nenos e os maiores que eran quen maioritariamente o estaban a utilizar”.

Estévez di que, dos máis de 100 nenos e nenas apuntados á piscina só seguen practicando este deporte 25 pequenos que se apuntaron as clases en horario de noite un so día a semana, “descoñecemos as razóns de porqué se deixa sen esta actividade tan importante a un grupo tan numeroso de persoas, que de un día para outro atopáronse despoxados deste servizo que o goberno socialista concertara e que viña desenvolvéndose con normalidade”.

Para o Secretario de Deportes, a falta de concerto co Hotel deixa en evidencia “o nulo carácter negociador deste executivo”. Estévez solicitará ó grupo municipal socialista que se informe no próximo pleno sobre porqué non se acadou un acordo co Hotel no caso de que cambiaran as condicións de uso, e se seguen pagándolle o mesmo a dita entidade por ter dúas horas soamente dispoñible a piscina, “se lle pagan, claro, non vaia ser que ese sexa o motivo real para suspender o servizo”.

Ademais o Secretario de Deportes dos socialistas fan un balance destes últimos meses, “o goberno de Rey demostra unha vez máis unha nula sensibilidade social, primeiro coas mulleres rexeitando unha moción contra a violencia de xénero, despois cos damnificados polo terremoto de Haití, cando rexeitan aportar os seus ingresos para os damnificados, e agora cos nenos e os maiores, que se lles deixa sen clases de natación sen dar ningunha explicación”.

Para Javier Estévez é indignante “que a única actuación en materia de deportes deste goberno en cinco meses fora a construcción da rede de saneamento para a posta en marcha da piscina privada da familia da alcaldesa, e agora priva dese servizo ós nenos e maiores deste pobo”.

En canto ó campo de fútbol de Outeiriño sinalou que a recente actuación de mantemento resultou ser un despilfarro inútil; non só non se conseguiu mellorar o estado da herba artificial coa reposición do caucho, senón que, “como me din moitos dos futbolistas que o empregan, agora a superficie resulta excesivamente dura e empeza a causar molestias e lesións”. ; E é que “se debeu sustituir o vello caucho que xa perdera todas as súas propiedades dinámicas, e non limitarse a engadir o novo caucho por encima, ademais da necesidade dun peinado completo do campo” afirma o Secretario de deportes

Javier Estévez pediralle ó grupo municipal socialista que solicite o acceso ós proxectos do campo de fútbol de Bandeira e do Polideportivo de Silleda, incluídos no plan anticrise da Deputación. “A suposta colocación de parquet na pista de Silleda sen a resolución do problema de humidade significará o prematuro deterioro de dita superficie. Non queremos un proxecto a medias, dende a Secretaría de Deportes fiscalizarei cada paso que dea nesta área, e velarei para que as e os deportistas deste pobo non volvan estar denostados como en tempos do goberno do PP” conclúe.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera